venres, 5 de xullo de 2013

Vídeo-documental sobre o lobo e os foxos

Actividade final onde se recolle gran parte do aprendido ó longo deste curso, contado da man dos nosos amigos expertos, a xente maior e por suposto, @s nen@s de Mondariz. Salvemos o foxo!

xoves, 30 de maio de 2013

MAQUETA DUN FOXO DE LOBO EN CRUZ

Aquí podedes ver as imaxes de como as nenas e nenos de 2º A fixeron unha maqueta dun foxo do lobo en cruz.


xoves, 16 de maio de 2013

O LOBO

Se queredes coñecer un pouquiño máis sobre o lobo, lede a información que atoparon os nenos e nenas de 2º A

luns, 6 de maio de 2013

Vista satélite do Foxo do Lobo


Por que se fixeron os foxos?



Reto: Salvemos o Foxo

Este blogue nace no seo do traballo que están a realizar 4 grupos de Primaria do CPI Mondariz, dentro do Plan Proxecta, 12 Meses 12 Paisaxes.
A nosa misión será coñecer en profundidade as características do Foxo do Lobo de Sabaxáns, único foxo doble que se conserva en Galicia, e explicarvos porque é tan importante que contribuamos na súa conserva. Así que estade ben atentos a todo o que vos imos ensinar!