luns, 6 de maio de 2013


Reto: Salvemos o Foxo

Este blogue nace no seo do traballo que están a realizar 4 grupos de Primaria do CPI Mondariz, dentro do Plan Proxecta, 12 Meses 12 Paisaxes.
A nosa misión será coñecer en profundidade as características do Foxo do Lobo de Sabaxáns, único foxo doble que se conserva en Galicia, e explicarvos porque é tan importante que contribuamos na súa conserva. Así que estade ben atentos a todo o que vos imos ensinar!

Ningún comentario:

Publicar un comentario